Case tres anos despois de comezalo, está lista a versión inicial do documento que pretende ser unha primeira toma de contacto co deseño de crebacabezas de aventuras gráficas. Aínda que supera a trintena de páxinas, é só un artigo superficial, o tema é complexo abondo como para que non poida penetrar moito máis nel dende a inexperiencia. Está exportado, sen máis, dende o editor de textos a formato PDF, tentarei nun futuro darlle un mellor aspecto con algún programa específico (engadindo se cadra tamén algunha imaxe máis) e seguro que terá futuras revisións (hai algunha parte que non me convence). Será traducido ao castelán, pero iso será un pouco máis adiante, despois de certas revisións.
Se queres enlazar o documento, no canto de facelo directamente co PDF, faino con este artigo para que se poida acceder sempre á versión máis recente.


Tiene buena pinta este documento. ¿No lo editastes en español?
Saludos.
Kurt.
Sí kurt, lo traduciré al español un poco más adelante, primero intentaré maquetarlo con algún software a tal efecto (que no sé utilizar) y pulir alguna que otra cosilla que no me acaba de contentar. Se publicará en LAELA bajo la misma licencia (reconocimiento-no comercial-compartir igual). Gracias por comentar, saúdos.